Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

Dase a coñecer a candidatura do PP pola provincia de Ourense ás eleccións galegas

 

O Partido Popular de Ourense vén de presentar a súa candidatura na provincia para as eleccións galegas do próximo 18 de febreiro, “mantendo na lista a persoas que ata agora xogaron un importante papel no ámbito autonómico e abrindo a candidatura á incorporación de representantes comarcais”, explicou o líder provincial popular Luis Menor.

Partindo dun cambio caracterizado pola “máis absoluta normalidade, a lista ourensá presenta unha renovación do 63 %, con 12 novas incorporacións dun total de 19 persoas”. O cambio, apunta Luis Menor, “está presente nos postos un e dous da candidatura, coa ata o momento conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e a presidenta da xestora local de Ourense, Victoria Núñez”.

A relación de candidatos continua coa “columna vertebral” da representación do PP ourensán no goberno e na administración autonómica, así como no Parlamento de Galicia. Así, figuran nomes como José González, conselleiro de Medio Rural; Miguel Santalices, presidente do Parlamento; Gabriel Alén, delegado territorial; Noelia Pérez, deputada autonómica ademais de concelleira en Ourense; Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración; e Marisol Díaz Mouteira, deputada na Cámara galega.

Luis Menor tamén destaca como outro dos piares da candidatura “a importante representación territorial, xa que a práctica totalidade das comarcas da provincia están presentes na lista”. Neste caso destacan dúas incorporacións: Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, que vai no número 11 e é natural da Rúa e que representa á comarca de Valdeorras, e a volta á primeira liña política de Argimiro Marnotes pola comarca do Carballiño.

A lista complétase con José Luis Ferro Iglesias por terras de Celanova, Víctor Baladrón (Verín); Cristina Campero (concelleira en Xinzo de Limia); e Ana Méndez Gil (concelleira por Ourense e xerente de Galicia Calidade).

A representación territorial tamén está presente entre os suplentes, con Carmen Conde (tenente alcalde en Viana do Bolo), e Noelia Quintana (concelleira en Taboadela), ademais de nomes recoñecidos pola súa traxectoria como Juan Manuel Casares Gándara e Miguel Ángel Viso.

CANDIDATURA

1. Elena Rivo López
2. Victoria Núñez López
3. José González Vázquez
4. Miguel Ángel Santalices Vieira
5. Gabriel Alén Castro
6. Noelia Pérez López
7. Antonio Rodríguez Miranda
8. Marisol Díaz Mouteira
9. Argimiro Marnotes Fernández (comarca do Carballiño)
10. José Luis Ferro Iglesias (Celanova)
11. Xosé Manuel Merelles Remy (Valdeorras)
12. Víctor Manuel Baladrón Lamas (Verín)
13. Cristina Campero Dorado (A Limia)
14. Ana Méndez Gil (Ourense)

Suplentes

1.Juan Manuel Casares Gándara (presidente do Consello Regulador do Ribeiro)
2. Miguel Ángel Viso Diéguez (exsenador e exdeputado)
3. María del Carmen Conde Lorenzo (tenente alcalde en Viana do Bolo)
4. Manuel Alexandre Nóvoa González (presidente local de NN.XX. e secretario xeral da organización xuvenil en Galicia)
5. Noelia Quintana Espinoso (concelleira en Taboadela)

Artigos relacionados

Back to top button