DeportesÚltima hora

David Cal, no Descenso do Sil

Esta foi a única participación deste piragüista olímpico nun descenso en España
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

A presenza do canoísta galego David Cal foi unha das referencias do 47º Descenso do Sil, celebrado na tarde do 14 de setembro no Barco. Foi unha das edicións con máis participación: uns 430 padexeiros e ao redor de 40 clubs, tanto galegos como doutras partes de España como Castela e León ou Asturias, así como do país veciño, Portugal.

O Fluvial O Barco colleitaba diferentes títulos, entre eles en K-2 senior, no que Jesús Rodríguez León e Miguel Fernández Castañón lograban a súa segunda vitoria consecutiva. Houbo ademais títulos nas categorías veteráns, en K-1 senior e tamén en K-2 xuvenil. Ademais o Fluvial Barco lograba o segundo posto por clubs.

Máis información e entrevistas na vindeira edición de outubro do Periódico O Sil

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button