CulturaCulturaÚltima hora

David López expón na Casa da Cultura da Rúa unha mostra de láminas de Castelao

 

Dende o día 1 e ata o 29 de febreiro a Casa da Cultura da Rúa acolle unha exposición de láminas de Castelao, cedida por David López.

 

 

Gran afeccionado ao coleccionismo, David xa nos ten acostumados ás exposicións de todo tipo. Tenas feito de pequenas coleccións, de pins, de revistas,… e agora sorprende con esta colección de estampas do mesmísimo Castelao. “Son 26 láminas das coleccións Atila en Galicia e Galicia mártir que mercara na Coruña a finais dos anos 70″, explica o propio David, asegurando que tiña ganas de expoñelas e agora déuselle a oportunidade.

 

 

As láminas están na parede da escaleira de acceso ao primeiro andar e poden verse no horario de apertura da Casa da Cultura.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button