CulturaCulturaÚltima horaVídeos

David López expón revistas, periódicos e libros na praza do Concello da Rúa con motivo do Día das Letras Galegas

 

Coas súas múltiples coleccións, David López ten participado en canta mostra e feira se organiza na contorna, chegando incluso a facer algunha exposición, e na mañá deste mércores 17 de maio podemos velo na praza do Concello da Rúa cunha moi especial.

Entre esa infinidade de artigos recompilados ao longo dos anos, David ten centos de revistas, periódicos e libros escritos en galego que hoxe amosou aos veciños da Rúa con motivo do Día das Letras Galegas. Asegura que non sabe cantos ten pero destaca un exemplar de “Ceibe” do ano 1977, entre outros moitos nos que non falta o Periódico O Sil.

 

David López coa camiseta do Moto Club Tirapetriles.

 

Como toda unha homenaxe á lingua galega, incluso leva unha camiseta do desaparecido Moto Club Tirapetriles da Rúa co “Pai Noso do Moteiro” escrito en galego na parte dianteira.

A exposición estará aberta ata as 14 horas aproximadamente.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button