CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

David Otero actuará no Barco o sábado 23 de outubro

O ex membro de El Canto del Loco tocará en acústico na Sala Baranda

O músico David Otero.

 

Tras máis dun ano pechada, dende que as restricións sanitarias o permitiron a Sala Baranda non para. E tralo éxito das sesión de DJ Kiko Rivera, EME DJ, La Última Sabinera ou Rapariga DJ, prepárase para recibir sobre o escenario ao ex membro de El Canto del Loco, David Otero, que presentará o seu espectáculo Otero y yo en acústico o vindeiro sábado 23 de outubro.

Guitarrista e compositor madrileño, Otero compuxo moitos dos temas do mítico grupo de pop-rock xunto ao seu premio Dani Martín, ata que hai xa uns anos decidía seguir o seu camiño en solitario, primeiro co pseudónimo de “El Pescao” e actualmente xa como David Otero.

No Barco presentará o seu novo traballo con novas versións de cancións das súas tres etapas musicais.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button