PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez e Paula Quinteiro presentarán no Parlamento unha iniciativa para loitar contra a velutina

Ampos parlamentarios acompañaban aos representantes da Plataforma Stop Velutina, que rexistraban unha Proposición non de Lei na Cámara galega
Os deputados de En Marea cos representantes da Plataforma Stop Velutina, no rexistro do Parlamento.

Os deputados de En Marea Davide Rodríguez e Paula Quinteiro acompañaban na mañá do 13 de decembro aos membros da Plataforma Stop Velutina que acudían ao Parlamento de Galicia para rexistrar unha Proposición Non de Lei de cara a trasladar as principais peticións e solicitudes dos sectores máis afectados pola invasión desta especie invasora.

Os dous parlamentarios de En Marea trasladarán ao pleno da vindeira semana unha iniciativa na que recollen as principais demandas de Stop Velutina a través dun plan de choque de loita contra a vespa. “Necesitamos empezar co trampeo masivo en febreiro ou marzo”, reivindicou a deputada Paula Quinteiro referíndose a unha das reclamacións que lle trasladará á Xunta na vindeira sesión plenaria, que pasaría por realizar un trampeo primaveral masivo e coordinado polas administración competentes, consistente na entrega dunhas 50.000 trampas a apicultores e concellos.

Unha das principais críticas realizadas dende a Plataforma Stop Velutina á Xunta refírese a non dotación de orzamentos para financiar a loita contra a praga. Outra das demandas é a unificación dunha investigación seria contra a velutina e que o financiamento sexa asumido pola Administración galega.

Dende En Marea tamén anuncian que solicitarán “a convocatoria dunha orde específica de axudas que permita ós sectores directamente afectados a recuperación das perdas e gastos derivadas da invasión da vespa velutina, non só da peda física dos animais e da colleita correlativa de mel, senón tamén da xestión da praga nos respectivos lugares”.

Artigos relacionados

Back to top button