O Club Karate River Stone segue sumando medallas ao seu historial. Desta volta eran dez, 2 pratas e 8 bronces as logradas no Campionato galego infantil (kata e kumite) celebrado nun intenso sábado 8 de marzo no Complejo Deportivo de Santa Isabel de Santiago de Compostela.
Resultados na especialidade de kata:
– Infantil Masculino: 3° Raúl Pérez Panizo
– Xuvenil Masculino: 3° Pablo Prada Anta
– Cadete Feminino: 2° Cloe Yáñez González; 3° Aina Moral Castro
– Cadete Masculino: 3° Diego Prada Rodríguez
Resultados na especialidade de kumite:
– Alevín Masc <28kg: 3° Álvaro Blanco Blanco
– Alevín Fem <32kg: 3° Laia Yáñez González
– Infantil Masc <30kg: 3° Raúl Pérez Panizo
– Cadete Fem <47kg: 3° Aina Moral Castro
– Cadete Fem <54kg: 2° Cloe Yáñez González
Manuel Blanco Blanco lograba o 5º postos en Kata Infantil Masculino; destacando asemade, os sétimos postos de Leyre Paradelo Ambrinos en Kata Alevín Feminino e de Lucas García Rodríguez en Kata Xuvenil Masculino.
Fotos cedidas.