PolíticaÚltima hora

Davide Rodríguez pregunta no Parlamento galego sobre a xestión da praga da velutina

Xunto aos tamén deputados de En Marea Antón Sánchez García e Paula Quinteiro Araújo, vén de presentar unha pregunta na Cámara sobre a problemática deste insecto invasor
Davide Rodríguez, durante unha sesión no Parlamento galego.

De que maneira está a xestionar a Xunta a problemática da praga de Vespa velutina que se está a extender por Galicia. Niso incide a pregunta que os deputados de En Marea Davide Rodríguez Estévez, Antón Sánchez García e Paula Quinteiro Araújo, veñen de presentar no Parlamento galego para a súa resposta por escrito.

No texto desta pregunta lembran que hai uns sete anos apareceu en Galicia “unha especie invasora, a vespa velutina, que prexudica gravemente a apicultura e supón unha ameaza medioambiental de primeira magnitude”. Sen embargo, consideran que as medidas que se están a adoptar “non parece que estean a xurdir o efecto desexado, xa que, polo momento, nin sequera se atopou ningún patrón claro da súa proliferación. Hai moitos concellos afectados no norte do territorio, pero tamén no interior. A extensión desta especie trae consigo unha serie de prexuízos ambientais e económicos”.

Ademais os deputados sinalan que a “gravidade da invasión é tal que entre xullo de 2018 e xullo de 2017 o 112 recibiu case 25.000 avisos pola presenza de avespas velutinas. Os picos de incidencias producíronse no verán e no outono de 2017, con máis de 4.000 chamadas en xullo e agosto, e 3.000 en setembro, novembro e decembro. Ata o de agora, o método máis empregado para loitar contra a velutina foi o trampeo, que se realiza en primavera aproveitando que as raíñas comezan a formar os seus niños. Este procedemento foi adoptado pola Xunta de Galicia e foi acompañado dun protocolo de captura de raíñas. Agora que se aproxima a primavera, cómpre facer unha avaliación do que se fixo ata o momento para acabar coa avespa velutina”.

Tamén cren que Galicia debería contar cun estudo propio que indicase “cal é exactamente a eficacia do trampeo que está levando a cabo e cal é o impacto que está tendo na contorna natural. E, neste senso, plantexan á Administración galega, entre outras cuestións, que incidencia da velutina agarda a Xunta de Galicia durante a primavera, que previsións manexa a Xunta e que avaliación fai dos danos colaterais do trampeo. Tamén preguntan se a Xunta conta con algún estudo do impacto socioeconómico que está a producir a praga.

Artigos relacionados

Back to top button