ConcellosRubiáÚltima hora

“De escribir a escritor”, curso de escritura creativa en Rubiá

 

A Casa da Cultura de Rubiá acollía na mañá deste sábado 18 de marzo un curso de escritura “De escribir a escritor”, que chega da man de Scribook, a escola de escritura que forma a escritores de todos os niveis, desde os conceptos fundamentais da narrativa, a redacción de relatos, novelas e até o acompañamento aos autores na corrección das mesmas.

O curso, que se desenvolvía en  horario de 11 a 14 horas na biblioteca abordaba os fundamentos para comezar a escribir historias de ficción. O Concello de Rubiá colaboraba nesta iniciativa a través da Concellería de Cultura.

 

 

O curso, cun prezo de 29€, incluía a asistencia á clase presencial, ademais dun acceso exclusivo a material audiovisual na plataforma de Scribook e a posibilidade de participar nun módulo práctico que inclúe a asistencia a un taller online con outros alumnos de diversas localizacións e países.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button