CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

De Nai a Nai organiza un taller Montessori sobre Matemáticas, no Barco

Está previsto para o vindeiro sábado 25 de maio e vai dirixido a familias con nenos de 0 a 14 anos
Mercedes Urbiola, nun taller Montessori impartido anteriormente no Barco./ Foto: A.R.

Tras a boa acollida dos talleres Montessori organizados nos últimos meses no Barco, a Asociación De Nai a Nai prepara unha nova acción formativa deste tipo. Nesta ocasión será un taller Montessori sobre Matemáticas e está programado para o vindeiro sábado 25 de maio no local desta entidade. Será impartido tamén por Mercedes Urbiola, de Galicia Montessori.

“Vai dirixido a familias con fill@s de 0 a 14 anos. Desta volta o taller non se divide en dúas franxas de idade, xa que van intimamente relacionados todos os temas. Iniciarase explicando o pensamento matemático, que xa posuímos desde o nacemento, é dicir, un bebé de menos dun ano xa o ten. A partir de aí irá relacionando os contidos da educación escolar ata a idade duns doce anos”, explica a presidenta da Asociación De Nai a Nai, Lorena Prada.

Dende esta entidade tamén informan de que xa quedan moi poucas prazas libres, polo que as persoas interesadas deberán contactar con De Nai a Nai o antes posible a través do correo electrónico denaianai@yahoo.es ou na páxina de Facebook, denaianai, “onde encontrarán un número de teléfono de contacto e atenderémolas encantadas”.

Artigos relacionados

Back to top button