ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

De Nai e Nai festexa a súa década de vida no Barco con actuacións e obradoiros infantís

Un concerto da Asociación de Música Alternativa Valdeorras poñía o broche a esta celebración tan especial na praia fluvial do Malecón

 

A beira do río Sil, na praia fluvial do Barco, era o lugar escollido pola Asociación De Nai a Nai para celebrar na tarde deste sábado 30 de setembro o seu décimo aniversario como entidade de apoio á lactación materna e á crianza con diversas actividades formativas e divulgativas. E nesta celebración, que comezaba ás 17:30h. desta tarde, as familias eran as protagonistas con actividades pensadas para os máis pequenos como obradoiros infantís, a actuación de Guti Malabarista, contacontos e, xa dende as 20:30h. as actuacións da Asociación de Música Alternativa Valdeorras, AMAVA.

En total estaba prevista a actuación e cinco grupos: Maldita Carolain; Nerea, Aldara e Joana; Blue Thunder; El Patio de Leni; e The Jurassic Cracks; contando ademais coa actuación en solitario de Nerea.

 

 

Ao mesmo tempo ao longo da tarde podía desfrutarse de bebida e comida a prezos populares na mesma praia fluvial. No marco deste aniversario tan especial, dende a Asociación De Nai a Nai queren amosar o seu “sinceiro agradecemento a todas as mulleres que formaron parte da nosa asociación, ás nosas socias, ás relatoras que nos guiaron nesta viaxe, e a todas as persoas que contribuíron de maneira desinteresada deseñando o noso logo, creando pósteres para congresos, regalándonos mobles e materiais para talleres, cedendo cancións, elaborando documentos e compartindo coñecementos en charlas, talleres e cursos… ao Concello do Barco pola súa continua colaboración, e aos establecementos e comercios colaboradores. Tamén agradecemos á prensa polo seu apoio na difusión das nosas actividades e, por suposto, ás nosas familias pola súa incondicional colaboración e infinita paciencia neste labor”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button