ConcellosÚltima hora

De Perto achegará once actividades culturais a diferentes espazos barquenses

A cuarta edición deste programa, que promove a Concellería de Cultura, desenvolverase entre o 16 de xuño e o 22 de xullo

Música, exposición, cinema e mesmo sendeirismo cultural. Moitas e moi variadas son as propostas incluídas na cuarta edición de “De Perto_Espazos de Cultura no Barco”, que se desenvolverá do 16 de xuño ao 22 de xullo. O programa encetarase cunha actividade que conmemora o centenario das Irmandades da Fala. Trátase dunha exposición itinerante do autobús IFala que poderá visitarse o 16 de xuño entre as nove da mañá e as 20h. na praza Andrés de Prada. “É moi visual e interactiva. Supón un xeito de agradecer o labor dos impulsores das Irmandades da Fala, entre os que estaba Vilar Ponte, boa parte do que hoxe temos en relación coa lingua debémosllo a eles”, comentaba na presentación do programa a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta.

Cartaces coa programación de "De Perto"./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Cartaces coa programación de “De Perto”./ Foto: Ángeles Rodríguez.

A segunda cita de “De Perto” será un roteiro. Trátase da derradeira camiñata cultural organizada este ano dende o Concello e que terá como destino o Castro de Valencia do Sil (Vilamartín). O percorrido terá lugar o domingo 19 de xuño e será guiado polo arqueólogo vilamartinés Santiago Ferrer. Sairase dende o Teatro Lauro Olmo.

A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, durante a presentación do programa de "De Perto_Espazos para a cultura no Barco"./ Foto: Ángeles Rodríguez.
A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, durante a presentación do programa de “De Perto_Espazos para a cultura no Barco”./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Logo virá a música, da man do Ensemble de Saxofóns (baixo a batuta de Manuel Prada). Darán un concerto o 22 de xuño ás 20:30h. na Igrexa de Santa María de Vilanova. Xa en xullo está prevista, para o día 2, unha actuación do Orfeón Valdeorrés (dirixido por José Ramón Mansilla) na Igrexa de San Xoán de Éntoma ás 20h. Neste mes tamén se proxectarán os documentais “Cesteando”, “Os días afogados” e “A Seara” e a programación completaranse con narración oral e cos concertos de De Vacas e Tornaxeira, este último xa como broche.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button