De Ruada entrega mañá o VII Premio Xabier Prado “Lameiro” no Liceo
6 de Outubro de 2016
A agrupación santiaguesa Cantigas e Agarimos recibirá o galardón nunha cerimonia prevista para as 20 horasCartel do evento.
O Liceo de Ourense acolle mañá, venres 7 de outubro, a cerimonia de entrega do Premio Xabier Prado “Lameiro”, que na súa sétima edición recae na asociación santiaguesa Cantigas e Agarimos. A cita, pois, iniciarase ás 20 horas e terá entrada grautíta até completar aforo.
Comezará cunha breve semblanza sobre a vida e a obra de Xabier Prado “Lameiro” e posteriormente haberá unha representación do sainete galego en prosa “Os trasacordos de Mingos”, de “Lameiro”. A continuación haberá unha actuación musical coa interpretación do Dúo de Maripepa e Manoel da zarzuela galega “Miiñatos de vrán”.
A última parte completarase coa entrega do premio propiamente dito e pecharase coa acutación da Coral de Ruada, a organizadora do galardón.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.