ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

De ruta polo espectacular val glaciar de Conso-Cerveira (Vilariño de Conso)

 

Dende Pradoalbar (Vilariño de Conso) partía este domingo 22 de setembro unha fermosa ruta pola val glaciar de Conso-Cerveira (Vilariño de Conso), interpretada por Surbia Natura. Tratábase dunha actividade de promoción dos valores naturais, culturais e gastronómicos financiada polo GDR Sil-Bibei-Navea dentro do programa “Sábeme a… Vilariño de Conso”.

Os participantes, procedentes de diferentes partes de Galicia (Vigo, Coruña, Lugo e Ourense) realizaban unha marcha por parte do val glaciar de Conso-Cerveira, cuxa cara sur foi ocupada pola lingua de xeo máis longa durante a última glaciación. “Interpretáronse os bloques erráticos, val en artesa e outros elementos do modelado glaciar ademáis da flora e a fauna”, explican dende Surbia Natura.

 

 

Despois da ruta, os asistentes desfrutaban dunha deliciosa degustación de produtos locais en Vilariño, na Curuxa do Río onde estiveron presentes o queixo de cabra, a carne de tenreira, o mel e a bica da zona e, por suposto, o doce por excelencia deste municipio de montaña: o Montonico

Finalmente, os participantes realizaban unha visita guiada ao museo etnográfico de Vilariño grazas á colaboración do Concello.

Fotos cedidas.

Back to top button