En portadaÚltima hora

Declarada a situación de nivel 2 no incendio de Calvos de Randín que xa vai polas 140 hectáreas

Foto cedida.

 

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín. O lume iniciouse ás 13,36 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas supera as 140 hectáreas.

Ademais indica que se vén de declarar a Situación 2, como medida preventiva neste lume. Esta situación operativa de emerxencia decrétase pola proximidade do lume ao núcleo de As Meaus, no concello limítrofe de Baltar.

Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 3 técnicos, 13 axentes, 17 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 9 avións.

Entre os medios despragados no operativo de extinción figuran 2 brigadas e 5 avións do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, “traballando de forma coordinada co dispositivo autonómico para apoiar as tarefas de control e extinción do lume”, segundo esta institución.

Back to top button