CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Decorando cabazas para o Samaín, da man da Asociación Cultural Sabugueiro da Rúa

O obradoiro infantil tiña lugar na tarde do 27 de outubro na parroquia de Santo Estevo

 

Dende a súa recuperación a comezos de verán, a Asociación Cultural Sabugueiro, formada por mozos e mozas da Rúa Vella, propúxose dinamizar a vila, con actividades de carácter lúdico, cultural e comercial, e neste tempo non deixaron de facelo.

Correron coa organización de citas de referencia xa tradicionais como as Festas de San Roque ou o magosto pero tamén recuperaron outras como o cine ao aire libre, incorporando ademais iniciativas para implicar á sociedade como concursos de camisetas e máis recentemente unha serie de obradoiros. A pasada fin de seman comezaban os de decoración navideña, preparando árbores con material reciclado que durante o Nadal decorarán as rúas do barrio. E na tarde deste domingo, 27 de outubro, reunían no adro da parroquia de Santo Estevo a unha trintena de cativos de diferentes idades para decorar cabazas con motivo do Samaín que se celebrará na vindeira semana.

 

Unha das cabazas decorada no obradoiro.

 

Ademais de preparar fermosas e tamén terroríficas cabazas (de morcegos, momias, noivas cadáver, buhos,…) botando man da imaxinación, moitas das cales formarán parte dunha exposición no CEIP Manuelo Respino, os cativos desfrutaron dunha tarde de xogos con merenda incluída.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as tres últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button