Terá lugar o vindeiro domingo 8 de marzo ao mediodía na aula de degustación deste certame en Expourense
O Barco segue a promocionar o seu produto gastronómico máis emblemático. No marco da celebración do 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, terá lugar en Expourense unha degustación para dar a coñecer o Botelo barquense, un embutido cuxa festa (que se celebra a finais de xaneiro) está declarada de interese turístico galego dende o ano 2014.
Así o vindeiro domingo 8 de marzo terá lugar na aula de degustacións de Xantar poderá probarse este embutido valdeorrés. Será unha degustación que estará maridada con viños da Denominación de Orixe Valdeorras, segundo adianta a concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, Irene Dacal. Este é tamén un dos produtos que se promociona no expositor co que o Concello do Barco está presente en Xantar.