Viños singulares da Denominación de Orixe Valdeorras, acompañados de deliciosos produtos artesáns, formaban parte da degustación que neste mediodía se celebraba dentro do programa do Mercadiño de Nadal do Barco. Esta actividade, na que participaban unha vintena de persoas (previa inscrición), estaba dirixida pola enóloga vilamartinesa Cecilia Fernández e tiña como escenario o terceiro andar do edificio multiusos do Barco.
Fotos: A.R.