ConcellosO BarcoÚltima hora

Degustacións e catas de produtos barquenses en Xantar

Foto: Carlos G. Hervella.

 

No marco do desenvolvemento do 23º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se desenvolverá do 9 ao 13 de novembro, en Expourense o Concello do Barco estará presente no stand do Xeodestino Valdeorras Trevinca.

As persoas que se acheguen ata esta caseta poderá recoller información divulgativa dos recursos turísticos deste municipio (follletos de rutas, do proxecto Pasea O Barco, mapas, merchandising do botelo,etc) e tamén das empresas relacionadas co turismo do Barco e da comarca.

Ademais o mércores, día da apertura da feira, celebrase, organizada polo Concello do Barco, unha degustación de empanadas de Valdeorras con Viño de Roandi, e o xoves e o venres estarán presentes no stand produtores de mel, viño e aceite coordinados polo Concello.

Para o sábado programaronse dúas catas express con viños de Valdeorras en maridaxe con empanada de maravallas, ás 13:30 e ás 19:00 horas no propio stand do Xeodestino Valdeorras Trevinca, dirixidas pola sumiller Mercedes González. E, para finalizar, o domingo día 13, coindiendo coa xornada de peche da feira, levarase a cabo unha degustación de botelo, pigureiro e androllas, con produtores cárnicos do Barco, en harmonía con viño da Adega Cooperativa Viños Barco.

Artigos relacionados

Back to top button