EconomíaEconomíaÚltima hora

Degustacións gratuítas na foodtruck ‘Galicia sabe a Mar”, no Barco

 

Tras visitar onte A Rúa, a foodtruck ‘Galicia sabe a Mar’, da Xunta de Galicia, chegaba este xoves ao Barco e instalábase na praza Andrés de Prada do Barco. Trátase dunha das catro furgonetas da campaña de promoción de peixes e mariscos galegos que poñía en marcha a Consellería do Mar e que percorrerá un total de 200 municipios de España vencellados co Camiño de Santiago.

Esta singular iniciativa que permite degustar gratuitamente unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade dos mesmos. No caso do Barco as persoas que se achegaban pola foodtruck degustaban tres propostas saborosas e moi diferentes: mexillón de Boiro en humus de fabas e escabeche, taco de ventresca de bonito de Burela con ensalada de tomate seco e pan de gamba con guiso de choco e brotes de allo.

 

 

Esta foodtruck permanecerá tamén mañá no Barco, e, sempre que as condicións meteorolóxicas o permita, ofrecer novas degustacións gratuitas en horario de 12 a 15 e de 16:30 a 19:30 horas. Manterase o taco de ventresca de bonito de Burela, pero as outras dúas propostas serán diferentes.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button