CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Xuntanza de alumnos da promoción 1988/89 do Colexio Divina Pastora do Barco

 

Hai uns 35 anos que deixaban as aulas do Colexio Divina Pastora do Barco, onde moitos deles cursaban a meirande parte da EXB (Educación Xeral Básica). E neste 23 de decembro un grupo daqueles antigos alumnos da promoción 1988/89 deste centro reencontrábanse nelas. Eran unhas 33 persoas, algunhas chegadas dende diferentes puntos de Galicia e tamén de fóra da comunidade.

Despois trasladábanse ata o Bar Veira Sil, na zona vella da vila, onde compartían un aperitivo e, finalmente, reuníanse nun xantar no Casino, en cuxa sobremesa non faltaba a música.

 

 

Foi un reencontro moi emotivo e que se levaba preparando con ilusión dende hai meses. Primeiro, recabando os contactos dos antigos compañeiros e creando un grupo de whatsapp, mentres se continuaba tratando de localizar a outros ex alumnos. Ademais, logo deste primeiro encontro valórase a posibilidade de organizar, máis adiante outra nova xuntanza, xa que houbo moitas persoas que non puideron participar nesta ocasión.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button