EconomíaEconomíaÚltima hora

Deliciosa merenda “secreta” na Tenda da Rita, na zona vella do Barco

 

Nesta fin de semana, en concreto na tarde do sábado 14 outubro, a Tenda da Rita, un establecemento situado na zona vella do Barco, celebrábase unha merenda “secreta” ás 19:30h. Consistía nunha degustación de produtos deste local, dirixida pola sumiller Mercedes González. O evento contaba cun aforo moi limitado e, previa inscrición, e colgaba o cartel de aforo completo.

“Degustamos e catamos, viños, licores, cervezas artesás, e varios produtos gastronómicos á venda na tenda”, explican dende este establecemento barquense. Ademais de coñecer máis a fondo algúns destes produtos e a historia detrás dos seus elaboradores, os asistentes puideron facer as súas compras o rematar a merenda cun desconto incluido na inscrición ao evento.

 

 

Ademais a intención dos responsables da Tenda da Rita é continuar oganizando iniciativas deste tipo. “Esperamos que sexa o primeiro de moitos eventos”, adiantan.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button