ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

Demostración tradicional de malla como broche do XV Mercado Medieval de Tremiñá (O Barco)

 

Entre golpes de mallo, en quendas de tres ou catro, desenvolvíase a demostración de malla tradicional coa que se enfiaba a recta final do XV Mercado Medieval de Tremiñá (O Barco). Numerosas persoas  congregábanse xunto á ponte para presenciar esta exhibición que se iniciaba pasadas as oito e media da tarde deste domingo 23 de xullo.

 

 

Ao mesmo tempo soaban os cantos e a música do grupo Pándega, que percorría as diferentes zonas do mercado nas que os visitantes visitaban os diferentes postos. O seu percorrido remataba xunto á demostración de malla. A partir das 21h. comezaba a actuación das pandeireteiras, tamén polas diferentes zonas do mercado, animadas polo continuo pasar de público. Non faltaban tampouco nesta xornada de domingo os xogos do Bruxo Maruxo, a actuación de Guti malabarista ou as competicións de bolos e do xogo da ra.

Fotos: A.R.

En breve ampliarase galería fotográfica.

 

Artigos relacionados

Back to top button