Entre as medidas que acordaba o Comité Clínico na súa reunión do pasado martes estaba a de pechar os espazos onde habitualmente se celebran botellóns -parques, praias, prazas, etc-, entre as 00:00h e as 6:00h. Esta decisión plasmábase na Orde 8 de xullo de 2021, publicada polo goberno galego.
En aplicación desta normativa o Concello do Barco pechará os parques do municipio no citado horario a partir das 00h. de mañá 10 de xullo, tal e como vén de informar a Policía Local.