OurenseÚltima hora

Denuncian o roubo no local da asociación veciñal das Eiroás, en Ourense

 

No día de hoxe, desde a Concellería de Participación Cidadá de Ourense cursouse denuncia ante a Policía Local e Policía Nacional polo roubo acaecido no local da asociación de veciños do barrio das Eiroás.

Tal como explican dende o Concello, foi unha veciña do barrio quen alertou esta mañá de que a porta de entrada ao local veciñal estaba rota, polo que desde a Concellería de Participación Cidadá se comprobou que se produciron alí diversos danos, así como o roubo de enseres que se están a cuantificar.

A concelleira Flora Moure enviou aviso de inmediato á brigada municipal para que proceda ao arranxo dos desperfectos ocasionados o antes posible, e solicita a colaboración cidadá para que colabore coa Policía Local e Nacional para identificar aos responsables deste incidente.

Artigos relacionados

Back to top button