OurenseÚltima hora

Deporte, natureza e castañas, na III Andaina de Magosto de Sande (Cartelle), o día 18

 

Con ata tres percorridos posibles, todos circulares, se presenta a III Andaina de Magosto en Sande (Cartelle), prevista para o vindeiro sábado 18 de novembro. Así os participantes poderán escoller entre entre a ruta O Castelo-Río Gato con 12 km (dificultade media-alta) e saída ás 10h., a que vai ao Castelo (dificultade media) con 9 km e saída ás 10:30h. e a Ruta Río Gato de 4,5 km, pero con dificultade alta. Os participantes nesta última proposta tamén sairán ás 10:30h.

Nos tres casos o punto de partida será o Local Social da Xesteira (Sande) e o final do percorrido estará nas adegas de Mogos. Durante as rutas haberá avituallamentos e, ao seu remate, un churrasco completo, con bica, licores e castañas, ademais de foliada nas adegas de Mogos.

Esta andaina será organizada pola A.C. Entroido As Bonitas de Sande e as persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 630 783 662. A data límite de inscripción é o mércores, día 15 de novembro, e poderá facerse a só a ruta (3€) ou a ruta co xantar (15€).

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button