DeportesÚltima hora

Deportistas valdeorreses viaxarán a Portugal para participar no torneo internacional AMB Volleyball Cup 2018 de pista

Irán sete equipos do Club Voleibol San Martiño, entre eles o filial do Barco

Mañá, martes 3 de xullo, o Club Voleibol San Martiño desprázase ata Portugal para participar no campionato internacional AMB Volleyball Cup 2018 de voleibol pista que se celebra ata o dia 8 en Espinho.

Este ano participan no campionato 91 clubs con máis de 260 equipos e máis de 3.000 participantes de países como Bélxica, Alemaña, Francia, Estados Unidos, Brasil, España e Portugal. O club ourensán pola súa banda inscribiu a 7 equipos: 2 infantís, 2 cadetes, 2 júnior e 1 sub 23, dos filiales do Barco de Valdeorras (que dirixe Toño), Allariz e dos equipos de Ourense.

Tal como avanzan dende o San Martiño, durante estes días os equipos loitarán para chegar á final pero sobre todo é unha oportunidade para gozar e aprender a convivir con outros xogadores de diferentes lugares, desfrutando do voleibol. “Imos con todas as ilusións sendo uns dos anos que levamos máis representación, con ganas de que desfruten desta festa do voleibol”, din.

 

Artigos relacionados

Back to top button