OurenseÚltima hora

A Deputación de Ourense e a Uvigo reforzan a súa colaboración institucional

Asinan dous convenios de colaboración para impulsar as bolsas de mobilidade “Ourense Exterior” e outras actividades culturais
Manuel Baltar e Salustiano Mato.
Manuel Baltar e Salustiano Mato.

A Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo alíanse e unen as súas forzas para impulsar actividades culturais e as bolsas de mobilidade “Ourense Exterior”. Os representantes de ambas institucións, dun lado o presidente Manuel Baltar e do outro o reitor Salustiano Mato, asinaron esta mañá dous convenios de colaboración que “son unha alianza estratéxica”, en palabras de Baltar.

“Trátase dunha alianza estratéxica e permanente, entre ambas isntitucións, que se concreta nestes convenios de coalboración que sempre van a máis, froito da xestión económica da Deputación e dos bos resultados desa alianza entre o campus e o goberno provincial, que van unidos”, afirmou o presidente provincial.

Pola súa banda, Mato subliñou que a “marca Ourense tamén se demostra coa consolidación do campus de Ourense”, do que dixo que é “o que ten máis consolidación e o que mellor está en calquera indicador”.

O convenio para as bolsas “Ourense Exterior” vai enfocado a descendentes de emigrantes ourensáns que cursen estudos de mestrado no campus ourensán. E o acordo en materia cultural destina 185.000 euros a colaborar na difusión cultural e desenvolver accións como foros, seminarios e actividades. Este ano esta cantidade viuse incrementada nun 11% con respecto ao período anterior, segundo apuntaron. Unha tendencia que se manterá en 2017, xa que Baltar adiantou que nos novos presupostos recentemente aprobados “tamén se rexistra un incremento e a achega para este convenio ascenderá a 220.000 euros”.

Artigos relacionados

Back to top button