EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O Casino do Barco cederá as súas instalacións para os talleres de Nadal do CCA

Ambas entidades barquenses adiantan a súa intención de seguir colaborando noutras iniciativas

 

A Asociación O Barco Centro Comercial Aberto e a Sociedade Casino desta vila únense na campaña de Nadal. Así o edificio do Casino acollerá nas datas navideñas unha serie de talleres infantís que se impartirán dende o CCA. “A nosa asociación está un pouco xusto de instalacións e un día, falando co presidente do Casino, comentounos que eles dispoñían dunhas instalacións que podían cedernos e que era cuestións de sentarse a falar, e así foi. Ambas directivas estaban de acordo, sentámonos, propuxemos datas e van ser moitos días e a idea foi adiante, eles facilitárono todo en todo momento”, dicía o presidente do Barco CCA, na rolda de prensa que se celebraba esta mañá no Casino.

En concreto o CCA serán seis días de talleres infantís para nenos de 5 a 12 anos (nun abano temporal do 22 ao 7 de xaneiro) e a meirande parte deles desenvolveranse no Casino coas excepcións do taller de Obike de bicicletas (o 28 de decembro pola tarde) e outro de cociña que terá lugar no Asador de Viloira (na tarde do 3 de xaneiro).

Ademais Arias explicaba que nos obradoiros o CCA disporá de coidadoras para que os nenos estean atendidos durante os obradoiros. “Cremos que cantas máis actividades se fagan para os nenos, mellor, e tamén estamos convencidos de que non fai ser a última vez que o fagamos no Casino porque eles están moi interesados”. O presidente do CCA animaba tamén aos fillos ou netos dos socios do Casino a participar, xa que esta colaboración implica que estes rapaces poidan asistir ás actividades sen necesidade de presentar un tícket de compra superior a 5 euros por cada taller dun dos comercios asociados, como si deberán facer o resto dos rapaces. Pero en ambos casos será preciso inscribirse no CCA ou no Casino, no caso dos socios. E resaltaba a boa acolllida dos obradoiros, “o primeiro día no que abriron as inscricións xa se anotaron 62 nenos”.

 

 

Jacobo Arias, estaba acompañado polo tesoureiro do CCA e pola xerente da entidade, ademais de polo presidente do Casino do Barco, Pablo Dobao, e por outras dúas integrantes da directiva. Ao termo da súa intervención expresaba o seu agradecemento “por esta campaña de Nadal, os socios participaban e colaboran moi ben e ademais vimos de incorporar a 3 novos asociados ao CCA nestes días. A verdade é que á xente gustoulle esta iniciativa e seguro que imos repetir algunha actividade máis co Casino porque penso que as asociacións deben colaborar e unirse, traballar xuntas porque é boa para todos. Moitas grazas ao Casino por acollernos na vosa casa”.

Pola súa banda, o presidente do Casino amosaba tamén o seu agradecemento polo feito de que o CCA contase con esta entidade. “O Casino sempre está disposto a colaborar con diferentes asociacións tanto do municipio como da comarca e, neste caso, presentouse esta iniciativa e aceptouse xa no momento. O CCA benefíciase das instalacións do Casino para facer os talleres e os asociados do Casino beneficíanse porque os seus netos e fillos poden vir aos talleres. Así ambas partes saímos benficiadas e estamos satisfeitas e oxalá que xurdan máis colaboracións. Penso que o éxito está asegurado”.

Artigos relacionados

Back to top button