
A Deputación de Ourense participou o pasado 21 de outubro nun congreso en Cáceres sobre o despoboamento do medio rural. En representación do goberno provincial asistiu o vicepresidente, Rosendo Fernández, quen tamén asinou a declaración contra o despoboamento no medio rural. O obxectivo dese documento é sensibilizar sobre o proceso de perda de habitantes nas aldeas.