EconomíaEconomíaÚltima hora

O Xeodestino “Trevinca-Valdeorras”, entre os recursos turísticos que a Deputación de Ourense promociona en Intur

Nesta fin de semana celebrarase a 26ª edición da Feira Internacional do Turismo de Interior, Intur

A Deputación de Ourense está a participar cun expositor propio na 26ª edición da Feira Internacional do Turismo de Interior, Intur, que se celebra nesta fin de semana en Valladolid, dando a coñecer entre profesionais do sector e público en xeral os recursos e potencial turístico da provincia. Neste sentido, as persoas que se achegaron ata agora ao espazo ourensán mostraron especial interese por ámbitos como o enoturismo, o termalismo e os mosteiros da Ribeira Sacra.

A Deputación, a través do Inorde, promociona a provincia dun xeito integral optando nesta edición por destacar aspectos como a Vía da Prata-Camiño Mozárabe, o itinerario xacobeo que discorre por máis dunha vintena de municipios ourensáns, ademais dos principais recursos patrimoniais asociados ao destino “Ourense Termal”, enmarcado no Plan de Sustentabilidade Turística, e o xeodestino “Trevinca-Valdeorras”.

A participación en Intur comezaba o pasado xoves, 16 de novembro, cunha xornada exclusivamente profesional que permitiu presentar o destino ás axencias, coa participación de empresas de enoturismo, hoteis e turismo activo da provincia presentando a súa oferta.

Trala xornada estritamente profesional comezou “Intur Viajeros” que permitirá ao público en xeral coñecer ata o 19 de novembro as propostas de destinos como Ourense e os catro piares da marca turística da provincia: enogastronomía, natureza, patrimonio e termalismo.

 

Artigos relacionados

Back to top button