En portadaÚltima horaVídeos

Derrúbase parte dunha das casas ardidas no incendio forestal, en Alixo (O Barco)

 

Arredor das 16:30h. de onte, domingo 17 de xullo, o incendio forestal de Riodolas (Carballeda de Valdeorras) comezaba a afectar ao pobo de Alixo. Os fortes refachos de vento provocaban o rápido avance das chamas que en durante a tarde arrasaban co monte, con horta, soutos e un total de 15 vivendas, algunhas delas recentemente restauradas. Tralo paso do virulento incendio, os veciños volvían ao lugar atopándose coa desoladora estampa.

Moitas das casas queimadas quedaron reducidas a escombros xa durante a noite e outras están aínda en proceso de derrube, tal como pode aprezarse neste vídeo gravado esta mañá polo Periódico O Sil no momento  xusto en que a galería dunha das casas caía de súpeto sobre a rúa.

Así pois a zona destas vivendas en Alixo segue sendo perigosa, xa non polas chamas senón polos muros que arrasados polo lume, van pouco a pouco caendo.

Vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button