ConcellosÚltima hora

Derrúbase unha parte do viaducto da A-6 entre Pedrafita (Lugo) e León

 

Na mañá deste martes 7 de xuño, as obras de reparación que se están levando a cabo no viaducto de O Castro, na autovía A-6, entre Pedrafita (Lugo) e Vega de Valcarce (León), sufrían un espectacular derrumbe ao partir unha das vigas que suxeita o tableiro da ponte provocando o fundimento dunha parte do viaducto.

O derrumbe afecta á principal vía de comunicación entre as provincias de León e Lugo na calzada en sentido A Coruña que non provocou danos persoais ao atoparse cortada ao tráfico dende hai un ano.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button