
O seu trazado percorre dúas zonas declaradas Patrimonio da Humanidade: As Médulas e o Camiño de Santiago. O Desafío TriMan, que se desputará o 6 de xuño no Bierzo, xungue tres disciplinas: atletismo, natación e ciclismo. Esta triple proba consiste en “nadar no Lago de Carucedo, pedalear percorrendo parte importante das Médulas” e logo correr “un circuíto urbán en Vilafranca do Bierzo”, segundo a súa organización.
A competición iniciarase o día 6 de xuño a partires das catro da tarde no Lago de Carucedo. Os participantes darán dúas voltas a un circuíto acuático duns 900 cada unha. A parte de ciclismo será duns 60 kms de distancia, entre os pobos de Carucedo e Villafranca do Bierzo. Finalmente, os deportistas afrontarán unha carreira a pé xa en Vilafranca do Bierzo. Darán tres voltas a un circuíto de 5 km.

O Desafio TriMan inclúe as categorías absoluta (18-39 anos), veterán 1 (40-49 anos), Veterán 2 (50-59 anos) e veterán 3 (de 60 anos en adiante). Tamén se contempla a participación por equipos (cada un deles estará formado por tres deportistas, un para cada sector da proba).
Para máis información: http://www.bierzotriman.com/la-prueba/
Fotos: Desafío Triman