
Continúa á baixa a curva de casos activos de Covid-19 no Barco. Segundo os últimos datos comunicados neste 19 de decembro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 25 positivos, 2 menos que os rexistrados onte.
En canto ao número de novos casos diagnosticados no concello nos últimos 14 días, o Barco ten 25 (1 menos que os rexistrados onte), cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade. Neste municipio mantéñense, como no resto da provincia de Ourense (agás A Rúa e Sarreaus, con restricións medio-altas) as restricións básicas, se ben a consellería mantén unha vixilancia detallada da súa evolución.



