SanidadeÚltima hora

Descenden a 5 os pacientes con coronavirus ingresados no Hospital de Valdeorras

O total de casos rexistrados na provincia elévase a 1.851, con 1.192 curados e 118 falecementos, segundo Sanidade

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Neste martes 5 de maio rexístrase un novo descenso no número de pacientes con coronavirus ingresados en planta no Hospital Público de Valdeorras. Son un total de cinco as persoas hospitalizadas, unha menos que onte, segundo a última actualización de datos emitida pola Consellería de Sanidade.

No Hospital de Verín son dous os pacientes ingresados en planta con COVID-19 e no Hospital Universitario de Ourense hai 64 en planta e 1 en UCI (éste último de prognóstico grave).

Dos 541 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 469 permanecen a seguemento a domicilio, 71 ingresados en planta e 1 en UCI.

O total de casos rexistrados na provincia elévase a 1.851, con 1.192 curados e 118 falecementos (residencias e hospitais), segundo a Consellería de Sanidade.

Na provincia lévanse realizado 16.387 probas PCRs.

Artigos relacionados

Back to top button