En portadaÚltima hora

Descenden os casos activos de Covid na provincia e sitúanse en 1.319, 130 menos que onte

O Barco baixa a alerta laranxa ao reducirse o número de contaxios confirmados nos últimos 7 días, mentres Viana sobe a alerta amarela

Indicador dos test Covid no Hospital Público de Valdeorras.

 

Considerable descenso nos casos activos de Covid-19 na provincia de Ourense. Os últimos datos publicados pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 23 de outubro) rexistran 1.319 casos activos, o que supón 130 menos que os comunicados onte. Aínda así, nas últimas 24 horas confirmábanse 83 novos casos por probas PCR.

Do total de 1.319 casos, 95 están ingresados en planta (3 menos que onte) e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte), mentres que o resto permanecen a seguemento a domicilio. O Hospital de Valdeorras continúa con 3 pacientes de Covid en planta, o Hospital de Verín ten 7 (1 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 85 en planta e 11 na UCI. Ademais o Centro Médico El Carmen conta cun ingreso en UCI.

O total de casos na provincia ascende a 5.780, con 4.246 e 214 falecidos. Ata o de agora lévanse realizado 85.408 probas PCR.

O Barco en alerta laranxa e Viana no amarelo, tras os casos confirmados por PCR nos últimos 7 días

Nesta xornada de 24 de outubro o mapa epidemiolóxico que elabora a Consellería de Sanidade rexistra varios cambios. Así, o concello do Barco, que ata o de agora estaba en nivel de alerta 3 (vermello) pasa ao 2 (laranxa) ao situarse os contaxios nos últimos 7 días entre 14 e 21 casos.

Por contra, Viana do Bolo, que ata o de agora estaba en nivel 0 (verde) pasa a nivel de alerta 1 (amarelo) ao rexistrar entre 7 e 14 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días.

 

 

Galicia chega aos 6.170 casos activos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.170, deles 1.057 son da área da Coruña, 616 da de Lugo, 1.319 da de Ourense, 622 da de Pontevedra, 1.097 da área de Vigo, 1.047 da de Santiago, e 412 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 363 en unidades de hospitalización e 5.761 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 24.970 persoas curadas, rexistrándose 859 falecementos. O número de PCR realizadas é de 625.004.

Artigos relacionados

Back to top button