ConcellosÚltima hora

Descubrindo o mundo máxico do souto a través do teatro, no Barco

A partires das oito da tarde deste venres 6 de abril o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco acollerá a representación “O Souto dos Prodíxios”, de Producións Dispersas. É un espectáculo que conta a historia de Curuxiño, o gardián dun souto moi especial no que “todo pode suceder”. Hai animais que falan diferentes idiomas, outros que escriben versos, outros cantan ópera, hai fentos xigantes que soben ata a lúa… Nada é imposible baixo os castiñeiros.

“O Souto dos Prodíxios” é unha obra dirixida a un público familiar e, en especial, a nenos de 3 a 10 anos. Forma parte da programación da Rede de Espazos Culturais de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button