En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Descubrindo o val do Navea e os antigos Sequeiros triveses

Unha vintena de persoas participaba na primeira das rutas de sendeirismo familiar organizadas neste verán polo Concello da Pobra de Trives

Entre centenarios soutos e paisaxes de montaña transitaba a ruta sendeirismo familiar na que participaban na mañá deste 17 de xullo unha vintena de persoas. Era a primeira das que ten previsto organizar o Concello da Pobra de Trives durante este verán.

A ruta saía de Pena Folenche e, tras percorrer uns 3 quilómetros, chegaba ata os Sequeiros, construcións usadas antano para o secado das castañas. Utilizábanse como vivenda temporal e de almacenaxe no tempo da recollida da castaña.

Así os participantes neste traxecto que aúnaba deporte, turismo e natureza descubrían cal era a función dun sequeiro, e, xa de volta Pena Folenche, podían gozar das fermosas vistas de montaña que ofrece o seu miradoiro. Nesta actividade contábase coa colaboración de Protección Civil da Pobra de Trives.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button