Concellos

Desde Ponferrada a Santiago de Compostela polo Camiño de Inverno

 

Como cada ano e co obxectivo de revisar o trazado, a Asociación Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras está a facer o Camiño de Inverno desde Ponferrada a Santiago de Compostela, convidando tanto aos socios como a todo aquel que os queiran acompañar en cada percorrido das diferentes etapas.

 

 

Comezaban o domingo 1 de outubro e tras pasar polas Médulas, Pumares ou O Barco de Valdeorras, chegaban á Rúa onde eran acollidos no adro da igrexa de  Santo Estevo, na Rúa Vella e posteriormente recibidos polas autoridades municipais na praza do Concello. Despois visitaban a adega dun socio xunto a máis integrantes da Asociación e o historiador valdeorrés, Isidro García Tato, gran coñecedor do Camiño.

 

 

A seguinte etapa, de 30 Km vai da Rúa a Quiroga; despois Quiroga-Monforte (38 Km); Monforte-Chantada (31 Km); Chantada-Rodeiro (26 Km); Rodeiro-A Laxe (20 Km); A Laxe-Outeiro (34 Km); e finalmente Outeiro- Santiago (17 Km).

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button