A actividade está organizada polo CIM e celebrarase o venres 12 de xuño ás 19:30h.
Co obxectivo de romper estereotipos e resaltar que “na diversidade está a beleza”, o CIM (Centro de Información á Muller) do Concello da Pobra de Trives, organiza un desfile de moda.
A cita será mañá, venres 12 de xuño ás 19:30h. na praza do Reloxo e colaboran as tendas de roupa, complementos, estética, perruquería, floristería e fotografía de Trives.
O desfile contará asemade cunha actuación a cargo do Ximnasio TrivesSport.