Unha semana despois de que os alumnos de 2º Bacharelato organizaran o ‘Concurso do ano’ para recadar cartos para a viaxe de fin de curso, os alumnos de 1º celebraban un desfile co mesmo fin.
Na tarde do venres 16 de decembro, estudantes de 1º de Bacharelato do IES Cosme López Rodríguez da Rúa, celebraban por todo o alto un animado desfile de moda, intercalado con actuacións musicais. Tamén houbo sorteos.

A recadación do evento irá destinado á viaxe que os rapaces farán en marzo á capital lusa.
Fotos e vídeo cedidos.