CulturaCulturaGalerías de fotos

O desfile infantil enche de cor as rúas de Trives

Diversas especies de animaliños, superheroes, princesas, indios, velliñas… As rúas de Trives enchíanse dunha diversidade de personaxes aos que daban vida os máis pequenos do municipio nun concurrido desfile que se celebraba a partires das cinco da tarde do Luns de Entroido. Boa parte dos cativos estaban ademais acompañados polos seus pais, tamén disfrazados.

Tras dar unha volta pola vila, o desfile concluía na praza do Reloxo, onde a festa continuaba con animación, con música e coreografías para todas as idades. E despois, para repoñer forzas, os asistentes compartían unha chocolatada ben quentiña.

Fotos: Concello de A Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button