CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Desfrutando do “Día Europeo do Deporte Escolar” no Colexio Divina Pastora do Barco

 

Na mañá deste venres 29 de setembro os alumnos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras desfrutaron dunha divertida xornada deportiva con motivo da celebración do “Día Europeo do Deporte Escolar”, con actividades dentro e fóra do colexio.

 

 

Tal como explican dende o centro, o obxectivo desta iniciativa que veñen desenvolvendo dende hai anos, é “resaltar a importancia da educación física e do deporte nas escolas”, promovendo a saúde e o benestar, a inclusión e o de desenvolvemento de competencias sociais entre o alumnado.

 

 

En función da idade dos escolares practicaron diferentes deportes, entre os que non faltou o baloncesto ou o salto de valados, e un sinfín de xogos. Uns no propio centro e outros en instalacións e espazos municipais como as pistas do Malecón, o campo de Calabagueiros ou O Salgueiral.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button