ConcellosRubiáÚltima hora

Desoladora paisaxe no Castelo e O Barrio (Rubiá) tralo incendio

 

Desolación absoluta. É o que queda tralo paso do incendio forestal orixinado en Riodolas (Carballeda de Valdeorras) que leva arrasadas miles de hectáreas na comarca, queimando ao seu paso o monte e tamén moitas vivendas.

No caso das localidades de O Castelo e O Barrio, no municipio de Rubiá, nesta galería de imaxes pode verse a triste estampa coa que se atopaba esta mañá o párroco Daniel Pérez.

 

Igrexa do Barrio de Cascallá.

 

Segundo o tentente de alcalde de Rubiá, Ignadio Doce, no Castelo arderon 5 casas, 1 palleira e 1 alpendre. No caso de O Barrio arderon alomenos 1 alpendre e unha vivenda á entrada da aldea. Tamén ardía boa parte da igrexa do Barrio de Cascallá. “Quedou sen reablos, sen santos e sen tellado. Unicamente se debeu salvar a sacristía pero resulta perigoso entrar”, explica o sacerdote, Daniel Pérez.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button