Unha parte da cuberta do antigo edificio que albergaba o xulgado do Barco, situado en pleno centro da vila, desprendíase nas últimas horas. No lugar, valado e sinalizado pola Policía Local para manter a seguridade, poden verse no chan restos de lousa, tal e como pode comprobarse nesta galería de fotos. Este inmoble leva varios anos sen usarse, dende a apertura dos novos xulgados.