OurenseÚltima hora

Detido por intentar subornar a un axente con 100 euros para que lle quitase a multa

O suceso prodúxose na A-75, que une Verín coa raia, nun control rutinario de Tráfico e o detido foi un home francés residente en Portugal
O control rutinario está dentro da campaña de Tráfico en colaboración coa GNR portuguesa.

A Guardia Civil de Ourense detivo onte, 31 de xullo, a un cidadán francés residente en Portugal cando este intentou subornar a un axente para que non lle puxese unha multa. Esta detención deuse cara ás 10:30 horas, cando varios axentes do Subsector de Tráfico de Ourense estaban a realizar un Dispositivo de Control Masivo no punto quilométrico 4 da autovía A-75, que une Verín coa raia.

Segundo explican fontes de Tráfico, o axentes deron alto ao furgón de matrícula portuguesa, marca Mecedes-Benz, para efectuar devandito control rutinario de vehículos de mercadorías. Como resultado desta inspección, os axentes do Instituto Armado detectaron tres infraccións contempladas dentro da Lei de Transportes Terrestres, polo que procederon a informar a este condutor que, ao tratárense de un vehículo estranxeiro e non acreditar unha residencia ou domicilio en España, debería efectuar no acto o depósito da multa ou, no seu defecto, os axentes procederían a inmobilizar a furgoneta.

A Guardia Civil asegura que, nun momento dado, o acompañante do condutor, Carlos M.C. de 43 anos e natural de Francia e veciño da localidade portuguesa de Amadroa, baixou da furgoneta e arrimouse ao axente meténdolle na man un billete de 100 euros. Dito axente asegurou que este señor, mentres lle estaba a dar os cartos díxolle “que os collese, que non fixese as denuncias e os deixase continua. Que el xa o fixera en varias ocasión e que a última fóra en Vitoria, nun control de peso”, dixo o axente.

Neste contexto, o Guardia Civil devolveulle os billete e, de xeito severo, díxolle que non intervise nesta actuación xa que el non era o condutor do vehículo e, polo tanto, debía manterse á marxe. Pero, segundo apuntan dende o Subsector de Tráfico, o home non obedeceu ao axente e, pasados uns minutos, volveu intentar o suborno “con máis vehemencia”, aseguran. Por este motivo, os axentes procederon á súa detención e posterior ingreso nos calabozos de Verín, á agarda de que sexa posto a disposición xudicial como presunto autor dun delito de suborno.

Artigos relacionados

Back to top button