OurenseÚltima hora

Detido o presunto autor dun roubo con forza nun bar de Oira

O outro presunto implicado non puido ser detido ao estar en Barcelona, lugar onde lle constan a ambos os dous un amplo historial delituoso
O interfecto pasou a disposición xudicial esta mañá.

A Policía Nacional detivo en Ourense ao presunto autor da comisión de un delito de roubo con forza nun establecemento de ocio na zona de Oira.

O detido é un home de 27 anos, natural de Tarragona, ao que lle constan un total de 14 detencións, case todas elas na zona de Cataluña, informan dende a Comisaría. Por outra banda, o seu cómplice, aínda non detido, cónstanlle 40 detencións. Segundo apuntan fontes da Policía Nacional, as detencións anteriores de ambos os dous implicados son por feitos similares a este. O interfecto pasou a disposición xudicial na mañá de hoxe.

Os feitos que motivaron á súa detención ocorreron o pasado 29 de xaneiro cando o propietario do local, sobre as 05:30 horas, informou ao 091 para comunicar que está vendo, a través das cámaras de vídeo vixilancia instaladas no local, como dous homes están no interior do seu negocio.

Os axentes da Brigada de Seguridade Cidadá trasladáronse ao lugar pero non atoparon a ninguén no interior, pero si que observaron como a porta lateral, de acceso ao comedor, estaba forzada. Segundo informan fontes policiais, o valor total do subtraído ascende a 293 euros.

Tras as investigacións realizadas polo Grupo de Investigación da Comisaría Provincial de Ourense, utilizando as gravacións das cámaras de seguridade proporcionadas polo propietario do local, os membros da UDEV conseguiron identificar aos presuntos autores do feito, localizándose un deles na tarde de onte e procedéndose á súa detención, imputándoselle os cargos de ser o presunto autor dun delito de roubo con forza. Por outra banda, o segundo presunto implicado neste roubo non foi detido ao atoparse en Barcelona, zona onde residían ambos os dous identificados até hai pouco.

Artigos relacionados

Back to top button