Na xornada do mércores 23 de abril, os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense rendían a súa particular homenaxe ao falecido Papa Francisco cunha decoración de caixas niño na aula da Natureza de Oira con Luis Amigo e os profesores Cristina e Lalo. “Estas caixas están dedicadas a Francisco que durante o seu pontificado tanto se acordou do ecoloxismo co seu encíclica Laudato Si e o coidado da casa común”, explica Lalo.
Ademais, aproveitando que era o Día do Libro os Ecovixiantes liberaban en Oira unha chea de libros dentro da actividade de Bookcrossing.
Fotos cedidas.