OurenseÚltima hora

Detido un hombre por atracar una farmacia con arma blanca en Ourense

A Policía Nacional detívoo como presunto autor dun delito de roubo con violencia

 

A Policía Nacional vén de informar de que o pasado domingo 30 de xaneiro produciuse un atraco con arma branca nunha farmacia da rúa Marcelo Macías en Ourense. “Durante o roubo con violencia, o home, que portaba un pasamontañas negro na cabeza, ameazou á empregada do establecemento cun coitelo, empuxándoa para apartala da caixa rexistradora, caendo a empregada ao chan. Mentres estaba a tentar forzar a caixa co coitelo que levaba, a dependenta reincorporouse, sendo novamente empuxada, producíndolle nese momento un pequeno corte nun dos dedos da man, conseguindo fuxir o autor coa caixa rexistradora”, tal e como informa a Policía Nacional.

Unha vez recollidas as imaxes das cámaras de seguridade, o Grupo de investigación UDEV iniciou as xestións para a identificación do autor dos feitos, poñendo en marcha un amplo dispositivo para a súa localización e detención. O luns pola mañá, o presunto autor resultou detido cando se atopaba na zona da avenida de Portugal, sendo trasladado a dependencias policiais.

 

 

“Na zona do barrio das Camelias localizouse a caixa rexistradora que se levou o autor do roubo, e nas proximidades da mesma, un pasamontañas de cor negra e un coitelo, aínda con restos de sangue, sendo ambos moi similares aos que portaba o autor segundo as gravacións das cámaras de seguridade, polo que foron intervidos”, tal e como informa a Policía Nacional.

O detido, veciño da cidade e de 50 anos de idade, foi posto a disposición xudicial, ingresando en prisión.

Artigos relacionados

Back to top button